Á espera de novas edicións das Andainas, podedes satisfacer a sede de camiñatas guiadas con “A pé de campo”, a cargo do mesmo equipo de monitores. Máis información en www.simbiose.es 
-
Entradas recientes
Archivos
Categorías
Meta
Á espera de novas edicións das Andainas, podedes satisfacer a sede de camiñatas guiadas con “A pé de campo”, a cargo do mesmo equipo de monitores. Máis información en www.simbiose.es 
Algunhas fotos aportadas por unha asidua participante nas Andainas 2011
(moitas grazas, sobre todo por vir exclusivamente á traelas o domingo antes da saída)
A libélula, xa adulta, exercitando as ás para emprender o seu primer voo……
Cabalos ceibes no monte…..
Vista do encoro dende o monumento ao canteiro
Este domingo bota o peche esta edición das andainas, cunha das rutas máis populares: a memoria do lobo en Cotobade.
O espectáculo estivo servido……
Esta vez a natureza brindounos a oportunidade de poder asistir a un extraordinario espectáculo: a metamorfose das libeliñas. Puidemos observar, en vivo e en directo, como centos de ninfas de libélulas abandoaban para sempre a súa vida acuática, tras pasar varios anos como activos depredadores baixo a auga, e aferrándose ás paredes do rocódromo deixaban pegadas nelas as súas últimas mudas (normalmente sería nos talos das plantas acuáticas, troncos das árbores e rochas), das que saían xa transformadas en adultos alados de extraordinaria beleza. Nesta fase adulta que durará uns poucos meses, terá lugar a reprodución, poñendo as femias os ovos na auga ou preto dela, sobre brións ou plantas flotantes….
Só lle queda extender as ás…… E sair voando.
Este domingo percorreremos as marxes do encoro do Pontillón do Castro. Anfibios, insectos acuáticos, variedade de brións, e algunha sorpresa.